RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manu Mosquera: "Vou traballar todos os días para seguir no primeiro equipo, que é o meu soño"

Manu Mosquera atendeu esta mañá aos medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo após debutar onte co Deportivo en ABANCA-RIAZOR, con motivo do partido de Copa ante o Alavés.

O futbolista coruñés confesou que as súas sensacións "foron moi boas. Desde o primeiro momento que cheguei todos me arrouparon e fixéronme sentir bastante cómodo. Iso axuda a que me saísen as cousas e puidese gozar no campo".

Subliña que desde que chegou ao Alevín B do Club na temporada 2009-10 "era o meu soño, debutar en partido oficial con este equipo. Onte deuse a oportunidade. Saín a gozar, a pasarmo ben. Ao final todo saíu moi ben e moi contento".

Desvela que se decatou de que ía ser titular "o día anterior ao partido, cando tivemos que facer todos as probas. Colleume o míster e empezoume a explicar tácticamente o que quere de min. Nese momento díxome que a probabilidade de que debutase era alta e que estivese preparado".

Pasada a Copa de SM O Rei, e co partido ligueiro en Zamora deste domingo 10 de xaneiro (17:30 horas) no horizonte, Manu Mosquera lembra que "son xogador do Fabril. Estarei para o que me toque. Se me toca baixar co meu equipo estarei encantado. O único que vou facer é traballar todos os días moito para seguir manténdome no primeiro equipo, que ao final é o meu soño e o obxectivo polo que fichei desde pequeno".