RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manu Sánchez espera mañá "un partido aberto, de poder a poder"

Manu Sánchez manifestou hoxe sábado na sala de prensa de Abegondo que o partido de mañá domingo 14 de febreiro en Abegondo ante o Real Betis (13:30, Gol), "é un partido importante como vai ser o seguinte, e o seguinte, e o seguinte. O noso obxectivo é conseguir os tres puntos e seguir o que parece unha boa liña de crecemento".

Do rival, o conxunto bético, advirte que "no inicio da temporada ninguén pensaba que estivese aquí abaixo connosco. É un cadro espectacular. Está a sufrir o que eu vaticinaba en pretemporada, que a Primera Iberdrola ía dar un envorco esta temporada. E así é".

Espera un partido "competido, aberto, polas nosas ideas e as que está a tentar transmitir Juan Carlos Amorós (técnico bético). Despois do gran traballo de Pier está pincelando e modelando o cadro ao seu gusto, converténdose nun equipo moito máis eficaz. Son perigosas porque veñen nun bo momento cun bo resultado ante o Sporting Huelva e un bo partido ante o FC Barcelona. Hai que estar atentos. A ver como está a climatoloxía. Pero penso que será un partido aberto de poder a poder".

Desvela Manu Sánchez que tralo partido ante o UD Granadilla Tenerife a principios de 2021, "démoslle un volantazo á situación; incidir e traballar máis a fondo a parte condicional, que é moi importante para levar a cabo os partidos da forma que queremos levalos. Elas aceptárono de bo grado. Custou e está a custar. Están a facer un esforzo grande e hai que agradecerllo".