RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manuel Pablo advirte que "podemos poñer en aprietos a calquera" pero "como baixemos un pouco o noso nivel, pódenos eliminar calquera"

Manuel Pablo, técnico do Xuvenil A, manifestou ao concluír o partido ante o Maccabi Haifa correspondente á volta da segunda eliminatoria da Ruta de Campións Nacionais da UEFA Youth League que esta tarde "non soubemos competir, sobre todo na segunda parte. Eles xogaron moi replegados, tentando que nós nos equivocásemos. Na primeira parte chegamos ás inmediacións da área moi fácil. Acumularon moitos xogadores e era difícil entrar. Tivemos situacións de tiro, de desborde que non conseguimos atopar o acerto. En liñas xerais, non nos fixeron ningunha ocasión".

Iso se, tralo descanso, o técnico deportivista cre que "nos confundimos. Quixemos seguir durmindo o partido e a partir dunha xogada á contra fixéronnos o primeiro. Empezamos a separar as liñas, uns que apertaban, outros que se ían para atrás. Xeráronnos situacións de transicións como foron os seguintes goles. Tivemos o balón moito tempo pero non soubemos arranxar esas situacións de transición. Perdemos un pouco o control. En ABANCA-RIAZOR fomos moi competitivos e un equipo que quería máis. Hoxe conformámonos co que eles propuxeron, un partido parado e con pouco ritmo. Adaptámonos a iso e complicámonos nós sós".

Advirte de cara ao sorteo do 14 de decembro para o playoff que "calquera rival vai ser complicado. Temos que asumilo. Se traballamos ben podemos ter posibilidades. Temos equipo con calidade, moi bos xogadores. Se estamos metidos, podemos poñer en aprietos a calquera. Como baixemos un pouco o noso nivel, pódenos eliminar calquera".

Finalmente, felicitou ao Real Club Deportivo e a #ANOSAFORZA polos seus 115 anos de historia: "Que gocen deste día e esperámoslles en ABANCA-RIAZOR para a próxima eliminatoria".