RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mollejo e Salva Ruiz incorpóranse ao traballo de grupo

Víctor Mollejo, após o seu partido coa selección sub-19 de onte mércores en San Pedro del Pinatar ante Dinamarca; e Salva Ruiz, na recta final da súa recuperación, incorporáronse esta mañá ao traballo de grupo.

O único futbolista que non se adestrou hoxe co resto dos seus compañeiros foi Claudio Beauvue, con permiso.

Na sesión desta mañá en Abegondo, Fernando Vázquez, após un quecemento e rondos, dispuxo dunha tarefa de posesión; e, por grupos, un exercicio táctico e de finalizacións nos campos 2 e 3.

Unha serie de partidos en espazo reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final ao adestramento. Nesta última tarefa xa non estivo Salva Ruiz, de acordo coas prescricións dos Servizos Médicos do RC Deportivo.

Mañá venres, o cadro está citada para adestrar ás 10:30 en Abegondo, con almorzo previo a partir das 09:30 horas.