RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mujaid: "No vestiario pensamos que imos darlle a volta a esta situación"

Mujaid Sadick declarou esta mañá en Abegondo aos medios de comunicación, após recoller o trofeo ao Xogador Estrella Galicia do Dépor no mes de novembro, que "é unha honra gañar este premio. Estou sen palabras".

O defensor deportivista, que leva varios partidos como titular no lateral dereito, admite que "non é a miña posición natural. A miña é de central. Pero onde me poña o míster rendo igual. Se o míster cre que rendo nesta posición, adiante con iso".

Recoñece que nesta demarcación no carril destro "cústame un pouco máis en ataque. Procuro facelo o mellor que podo".

Asegura que neste último mes, após ser titular en varios partidos, "sigo levando a mesma vida que antes". É máis, non séntese xogador do primeiro equipo e reitera que "a miña cabeza está no Fabril".

Confesa que ao principio, cando aparece a oportunidade de xogar no Dépor, "si estás nervioso para ver que tal che sae. Pero despois, os compañeiros axúdanche, corríxenche e xa estás tranquilo".

Advirte sobre a situación do equipo que é "complicada, pero desde o vestiario pensamos que imos darlle a volta a esta situación". Cre mesmo que "che fai madurar. No fútbol pode pasar de todo. Estamos nesta situación pero pensamos en que imos sacar isto adiante".

Preguntado polo ambiente que rodea ao equipo, Mujaid subliña que "confiamos en nós mesmos, en poder darlle a volta a esta situación. Se non cremos en nós mesmos..."

O canteirán deportivista, que conta coa confianza de Luis César, acórdase tamén de Luisito, o técnico do Fabril: "É como un pai para min. Sempre me axudou, tentoume levar polo bo camiño".