RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González mételle ritmo ao Dépor

Coa mente posta no partido deste domingo 24 de febreiro en La Rosaleda (18:00 horas, Movistar Partidazo), do que Dani Giménez agarda un choque "moi físico", tal e como manifestou o gardameta en rolda de prensa, Natxo González imprimiulle unha marcha máis ao adestramento do Deportivo, hoxe co meta fabrilista Pedro López.

Así, esta mañá boa parte das tarefas foron en espazo reducido, para aumentar a intensidade e o ritmo.

Após un quecemento e uns rondos baixo a supervisión directa do preparador físico Julio Hernando, os futbolistas realizaron un exercicio de posesión con presión.

Para concluír o traballo sobre o céspede, o técnico dividiu o cadro en dous grupos. Mentres un grupo realizaba unha tarefa táctica defensiva, o outro tiña fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Estiveron á marxe do grupo Krohn-Dehli e Pedro Mosquera, este último ás ordes do readaptador, Fran Molano.

Mañá xoves, o cadro adestrarase en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, a partir das 11:00 horas.