RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco, citadas por Costa Rica para dous amigables fronte a Guatemala

As xogadoras do Deportivo ABANCA Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco foron convocadas por Costa Rica para disputar dous partidos amigables no seu país, con motivo das celebracións do Centenario da Federación Costarriqueña de Fútbol.

Ambas as citas serán ante Guatemala: a primeira delas será o domingo 13 de xuño ás 11:00 (19:00 en España) no Estadio Nacional; e a segunda o martes 15 ás 10:00 (18:00 en España) no Complexo Deportivo Fedefútbol Plycem.

Deste xeito, o combinado 'tico' preparará as eliminatorias mundialistas que arrancarán a finais de ano.

Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco únense ás tamén deportivistas Athenea del Castillo e Eva Dios, citadas pola selección española absoluta e sub-19 respectivamente nesta data FIFA.