RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Noelia Villegas: "Non imos deixar de tentalo até o último momento"

Unha das xogadoras máis veteranas do Deportivo ABANCA, Noelia Villegas, pasouse esta mañá pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR a pouco máis de 24 horas de recibir ao UD Granadilla Tenerife Egatesa en Abegondo mañá sábado (13:30 horas, LaLigaSportsTV), en partido correspondente á 32ª xornada na Primera Iberdrola.

A defensa zurda deportivista admite que a situación do equipo "é bastante complicada, dura. Pero fronte a iso a xente está moi concienciada de onde estamos, do que temos que conseguir. A xente está preparada e é consciente da situación na que estamos", insiste.

Lembra estar até en tres ocasiones na súa carreira en situacións como a que atravesa o Dépor ABANCA: "Sempre son complicadas. Ensináronme que todo se pode conseguir. Aínda que as posibilidades cada vez sexan menos, sempre queda outra oportunidade. Seguen quedando opcións; e entre a preparación que levamos e as ganas e ilusión do equipo está dentro das nosas posibilidades. Non imos deixar de tentalo até o último momento", promete.

Do rival, o UD Granadilla Tenerife Egatesa, Noelia Villegas indica que é un equipo "duro, que virá co seu plan. Non nolo porá fácil. Sinceramente centrámonos en nós mesmas, que é o máis importante. Se facemos as cousas ben e o noso traballo reflíctese no campo, ao final conseguiremos o que queremos".

Do partido na primeira volta en Tenerife, no que o Dépor ABANCA cultivou unha dura derrota (4-1), a defensa branquiazul apunta que a gran diferencia respecto ao momento actual é "a comodidade e a confianza que habemos ir atopando coa forma de xogar, co sistema. Iso foi un punto a favor noso, que a xente empezase a atoparse ben, que fosen saíndo mellor as cousas".