RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Non nos volvemos tolos a semana pasada, tampouco nos imos a volver esta", sostén Eneko Bóveda

Eneko Bóveda, un dos capitáns do Deportivo, foi o protagonista na zona mixta do campo de Mirarmar, sobre o mesmo céspede do terreo de xogo.

O defensor deportivista, de novo titular no carril dereito branquiazul, apunta que esta tarde "fixemos o que puidemos. Quen pensase que o Marino nos ía a regalar algo está equivocado. Durante todo o ano vimos facendo marcadores curtos e cando andas con marcadores curtos, ás veces hai tropezos. Tentámolo e nada. Igual que non nos volvemos tolos a semana pasada, tampouco nos imos a volver esta", conclúe nunha chamada á tranquilidade.

Sostén que na primeira metade "no aspecto técnico acumulamos fallos de máis. Aquí pódeselle dar mil voltas á táctica, que o preparamos ben, pódeselle pedir ao equipo intensidade ou ganas que as ten; pero logo hai un aspecto que se xoga cun balón e para facer gol hai que ter certo acerto. Na primeira parte empezamos colocados medianamente ben pero a medida que o xogo avanzaba rompían as secuencias de pase e iso facíanos estar a expensas das súas transicións. Mesmo aí non estivemos do todo finos parándoos".

Tralo descanso, segundo Bóveda, "matizamos algunhas cousas, até o debuxo cambiámolo un par de veces. No aspecto de circulación de balón estivemos moi ben. Non era fácil ser brillantes nesas últimas accións: deixar un atrás; xerar o teu centro, o teu tiro... Ante esas dificultades de facer dano, o marcador é lóxico".

Cre en definitiva que "traballamos o partido ben. Na segunda parte démoslle bastante sentido ao noso xogo. Moitas veces isto vai dos futbolistas e os futbolistas temos que estar atinados, acertados e impoñernos aos que temos enfronte. Ás veces é máis simple que todo".

O defensor vasco, un dos xogadores con máis experiencia no fútbol profesional, séntese "absolutamente preparado non só para xogar esta final, senón para xogar semifinal e final. Todos tentamos quitarnos da cabeza esa viaxe a Soria xogándonos algo pero vai na liña de toda a temporada. Non habemos ir sobrados e ten sentido que esa posibilidade estea aí".