RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Novo compromiso mañá domingo ante México de Dani Barcia, Trilli e Noel coa selección española sub-19

Un novo amigable ante México, segundo para a selección española sub-19, está fixado para mañá domingo 5 de setembro ás 11:30 no Estadio Guillermo Amor de Benidorm.

Trilli, Noel e Dani Barcia incorporáronse o pasado luns 30 de agosto ao combinado nacional nunha citación histórica, non só polo número de Deportivistas, senón por ser futbolistas con case unha década de formación en Abegondo.

Os actuais campións de España están amplamente representados na convocatoria deste combinado nacional nunha concentración na localidade alacantina de Alfaz del Pi que concluirá mañá domingo. Así pois, os tres futbolistas son baixa na segunda xornada de liga en 1ª RFEF, coa visita ao CD Tudelano.

No primeiro dos amigables da selección española sub-19 ante México onte venres 3 de setembro no Estadio Olímpico Camilo Cano de La Nucía houbo unha clara vitoria hispana (5-1).

Dani Barcia foi o único dos canteiráns branquiazuis titular nesta primeira cita. Foi relevado no minuto 78 por David Navarro, co partido xa sentenciado a favor dos españois.

Trilli comezou no banco e saltou ao céspede no minuto 71 relevando a outro representante de #ANOSACANTEIRA, Hugo Novoa, enrolado no Red Bull Leipzig. O único branquiazul sen minutos de xogo foi neste encontro Noel.

O calendario de partidos da selección española sub-19 é o seguinte:

Venres 3 de setembro
ESPAÑA 5 - MÉXICO 1

Domingo 5 de setembro
11:30: ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Guillermo Amor (Benidorm)