RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Novo test internacional para David Mella e Paula Novo coa selección española sub-17

Os representantes de #ANOSACANTEIRA na selección española sub-17 masculina e feminina, David Mella e Paula Novo, disputan mañá sábado 21 de agosto un novo partido internacional despois de ser titulares ambos o pasado mércores.

A sub-17 de Mella, de novo ante Francia

David Mella está concentrado coa selección española sub-17 masculina para disputar dous amigables ante Francia, ambos na localidade gala de Montaigu.

A próxima cita deste combinado nacional será mañá sábado 21 ás 20:15.

O primeiro deles foi o pasado mércores. O futbolista branquiazul, que se acaba de proclamar campión de España co Xuvenil A sendo aínda cadete, saltou ao campo de inicio. Xogou 60 minutos nun partido que caeu ao lado español (1-2).

O calendario de partidos de David Mella coa selección española sub-17 nesta concentración do mes de agosto é o seguinte:

Mércores 18 de agosto
FRANCIA 1 - ESPAÑA 2

Sábado 21 de agosto
20:15: FRANCIA - ESPAÑA, en Montaigu

David Mella ten previsto regresar á Coruña ao longo do domingo 22 de agosto.

Paula Novo mídese por segunda vez a Noruega

A futbolista do Deportivo ABANCA B Paula Novo está concentrada desde o pasado venres 13 de agosto coa selección española sub-17 feminina, con motivo do Torneo Montaigu en Francia.

Esta concentración péchase cun novo duelo ante Noruega mañá sábado 21 de agosto ás 18:00 horas.

O pasado mércores, tamén fronte a Noruega, Paula foi titular no claro triunfo hispano (2-5). Foi relevada no minuto 60 xa co marcador que sería definitivo.

O luns 16 de agosto foi o primeiro partido da xogadora deportivista con esta selección española sub-17, fronte ao CPB Rennes. Xogou completa a segunda metade no centro da zaga nun partido dominado polas españolas (4-0).

Os resultados dos partidos de Paula Novo coa selección española sub-17 nesta concentración son os seguintes:

Luns 16 de agosto
ESPAÑA 4 - CPB RENNES 0

Mércores 18 de agosto
NORUEGA 2 - ESPAÑA 5

Sábado 21 de agosto
18:00: NORUEGA - ESPAÑA

Paula Novo regresará á Coruña o domingo 22 de agosto para incorporarse de novo á disciplina do Deportivo ABANCA B.