RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Novo triunfo dun Cadete B xa con ritmo de competición

O Cadete B impúxose (4-0) ao Santiago de Compostela B e demostra que xa ten collido o ritmo de competición. Nils -2-, Iván e Hugo foron os autores dos goles branquiazuis deste partido pertencente á 7ª xornada do grupo 1º da Liga Galega.

Con este resultado, o Cadete B é cuarto na clasificación con 16 puntos.

Cadete B: Ríos, Íker, Álvaro, Edu, Buján, Xavi, Álex, Iago, Nils, Hugo e Padín. Tamén xogaron: Bocija, Iván, Mouriño e Jorge.

A vindeira fin de semana, o Cadete B visita ao Dumbría.

Os resultados do Cadete B ata a data son os seguintes:

Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)
Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1
Lugo B 1 - Cadete B 0
Cadete B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF Lalín 2
Racing Villalbés 0 - Cadete B 4 (Hugo, Mouriño e Iago -2-)
Cadete B 4 (Nils -2-, Iván e Hugo) - Santiago de Compostela B 0