RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Novo triunfo dun Infantil B sólido e fiable

O Infantil B mostrou a súa versión máis sólida e fiable (5-0) no seu partido ante o Atlético Coruña Montañeros B, correspondente á 7ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Miguel, Martín, Mardones, David e Baña foron os autores dos goles branquiazuis ante un rival da zona alta da táboa.

Con este marcador, o Infantil B é líder con 21 puntos de 21 posibles. Os deportivistas contan con 3 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Sporting Cambre.

Infantil B: Román, Diego, Rubén, Miguel, Oreiro, Marco Baña, Carballo, Meki, Mardones, Óscar e Martín. Tamén xogaron: Hugo, Cristian, Rubén, David e Pedre.

A próxima fin de semana, o Infantil B visita na Coruña ao CD Calasanz B.

A temporada marcha así para o Infantil B:

Santa María del Mar 3 - Infantil B 6 (Eli, Bruno -2-, Mardones, Óscar e Hodei)
Infantil B 10 (Óscar, Marco Baña -2-, Xenxo, Carballo -4-, Hodei e Rubén) - San Cristóbal 0
Infantil B 5 (Mardones, Martín, Hodei, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - Sporting Cambre 1
Victoria B 0 - Infantil B 5 (Marco Baña, Diego, David, Carballo e Miguel)
Infantil B 7 (Diego, Miguel, Oreiro, David Vergara, Hodei, Meki e Rubén) - Once Caballeros 1
Atlético San Pedro 1 - Infantil B 8 (Hodei -3-, Óscar, Álex, Dani, Jairo e un futbolista rival en propia meta)
Infantil B 5 (Miguel, Martín, Mardones, David e Baña) - Atlético Coruña Montañeros B 0