RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Alevín A, campión do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo

  A xornada na canteira deportivista finalizó hoxe luns co partido do torneo Conservas Calvo de fútbol once. En Abegondo mediron as súas forzas os dous primeiros clasificados do grupo norte, que chegaron ao choque igualados na táboa con

Foi o sétimo título esta tempada para a canteira deportivista, tras os conseguidos anteriormente polo Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (campión da Primeira Comarcal, grupo A Coruña), Alevín B (campión da Primeira Comarcal, grupo As Mariñas, e campión de Copa),  Benjamín A (campión da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas) e Benjamín B (campión da Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas).

Ademais, o fin de semana deixa a punto un novo título, que sería o oitavo, para as categorías inferiores.
 
O Cadete B, líder da liga Galega, impúxose ao Ural, segundo clasificado, en Abegondo (3-2) e acariña o título. Os pupilos de Manolo Felípez precisan sumar 1 só punto nos próximos 4 partidos para pechar o campionato: os deportivistas suman 79 puntos por 68 os uralistas; con 12 puntos en xogo.
 
Tamén gañaron, e golearon, Fabril, Infantil B, Alevín B, Benjamín A e Benjamín B.
 
Este fin de semana non houbo competición para o Xuvenil B, Cadete A e Infantil A; ademais do Xuvenil A, que finalizou a competición na División de Honra como terceiro.
 
Os resultados do fin de semana foron os seguintes:
 
Terceira División
 
FABRIL 5 (Otero -2-, Pol Calvet, Sam Piette e Marcos Legaz) - GALICIA MUGARDOS 1
 
Categoría Cadete
 
Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 3 (Julián, Pichu e Ernesto) - URAL 2
 
Categoría Infantil
 
Primeira Autonómica, grupo 1º: BERGANTIÑOS 0 - INFANTIL B 9 (Jairo -2-, Padín -2-, Noel -2-, Trilli, Dani Barcia e Javi)
 
Categoría Alevín
 
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte, xogado hoxe luns: ALEVÍN A 5 (Meki -2-, Trigo -2- e Álvaro) - URAL 0
 
Segunda Comarcal, grupo 1º: CALASANZ D 0 - ALEVÍN B 10 (Noah -2-, Domínguez -2-, Meki -2-, Yago, Carlos, Baña e Dani)
 
Categoría Benjamín
 
Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: SAN TIRSO A 1 - BENJAMÍN A 6 (Pablo -3-, Adrián, Lucas e Álvaro)
 
Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: BENJAMÍN B 16 (Bruno -4-, Jairo, Alex, Dani -2-, Erick, Eli -4-, Dairon -2- e un futbolista rival en propia meta) - RAIO SADENSE 0