RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A venceu esta tarde ao CF Deportivo Orzán en partido aprazado da 5ª xornada

O Alevín A impúxose hoxe luns 14 de febreiro na Torre (4-0), ao CF Deportivo Orzán en partido correspondente á 5ª xornada que foi aprazado no seu día por COVID.

Raúl -2-, José Quiroga e Hugo foron os autores dos goles deportivistas.

Con este resultado, o Alevín A suma 24 puntos de 24 posibles á fronte da táboa por 13 puntos do Atlético Coruña Montañeros CF, segundo cun partido menos. Ambos os equipos ven as caras precisamente a próxima fin de semana.

Alevín A: Martín, Hugo, José Quiroga, Iago Lameiro, Antón, Iago Varela, Pablo Somoza e Nico. Tamén xogaron: Lucas López, Raúl, Javi Barral, Martín Forján, Guille e Gabri.

Mañá martes 15 de febreiro, a partir das 19:15, o Alevín A disputará un amigable de fútbol once ante o Victoria CF de categoría infantil. Será no campo de herba sintética de Abegondo.

Os resultados do Alevín A nesta liga son os seguintes:

Alevín A 8 (Raúl -4-, Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Antón) - Orillamar SD 0
Club Xesuitinas 1 - Alevín A 5 (Martín Forján -2-, Gabri, Antón e Raúl)
Alevín A 9 (Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Raúl -2-, Martín Forján -2- e Pablo Somoza) - Imperátor OAR 0
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Alevín A 4 (Guille -2-, Gabri e Antón)
Alevín A 4 (Raúl -2-, José Quiroga e Hugo) - CF Deportivo Orzán 0
Orillamar SD 0 - Alevín A 10 (Gabri -3-, Guille -3-, Raúl -2-, Martín Forján e Antón)
Alevín A 4 (José Quiroga, Lucas Vázquez, Antón e Guille) - Club Xesuitinas 1
Imperátor OAR 0 - Alevín A 6 (Iago Lameiro -3-, Raúl -2- e Guille)