O Alevín B achégase ao título ligueiro co seu triunfo ante o Obradoiro
O Alevín B achégase ao título ligueiro no grupo 1º da Segunda Fase ao imporse (0-5) ao Obradoiro, segundo clasificado, en partido correspondente á 10ª xornada. Eli -2-, Xenxo -2- e Dani foron os autores dos goles branquiazuis.
Con este resultado, o Alevín B suma 21 puntos á fronte da táboa por 15 puntos do Obradoiro, segundo clasificado.
Alevín B: Hugo, Jairo, Álex, Dani, Erick, Eli, Marcos e Bruno. Tamén xogaron: Anxo, Carlos, Xenxo e Vergara.
O Calvo Sotelo será o vindeiro rival do Alevín B nesta competición.
Os resultados do Alevín B nesta liga son os seguintes:
Alevín B 9 (Dani -3-, Bruno -2-, Xenxo, Eli, Jairo e Vergara) - Xesuitinas 2 Alevín B 7 (Dani -2-, Eli -2-, Bruno, Álex e Erick) - Obradoiro 2 Calvo Sotelo 0 - Alevín B 15 (Dani -4-, Eli -3-, Xenxo -3-, Marcos -2-, Erick, Bruno e David) Alevín B 12 (Bruno -3-, Jairo -2-, Dani -2-, Xenxo -2-, Vergara, Álex e Eli) - Peñarredonda 0 CP Esclavas 1 - Alevín B 15 (Dani -4-, Bruno -4-, Eli -2-, Vergara -2-, Jairo -2- e Carlos) Xesuitinas 0 - Alevín B 9 (Xenxo -2-, Marcos -2-, Erick, Dani, Eli, Bruno e Jairo) Obradoiro 0 - Alevín B 5 (Eli -2-, Xenxo -2- e Dani)