RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A, campión do grupo A da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito

O Benxamín A certificou cunha vitoria ante o Ural Español CF A (1-4), segundo clasificado, o título de campión do grupo A da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito.

Íker -2-, Hugo e Yael foron os autores dos goles branquiazuis neste partido correspondente á 10ª e última xornada, disputado na Torre á primeira hora da tarde, baixo unha sufocante calor.

Benxamín A: Brais, Antón, Sergio, Yael, Leo, Nico, Íker e Thiago. Tamén xogaron: Alejandro Pais, Hugo, Mario e Mateo.

O Benxamín A que dirixen Álvaro Rodríguez e Sergio Mourente foi campión con 24 puntos por 18 do Ural Español CF A, subcampión. Os deportivistas gañaron os oito partidos xogados cun total de 88 goles a favor e tan só 5 en contra.

Os resultados do Benxamín A neste grupo foron os seguintes:

Benxamín A 13 (Mateo -4-, Yael -4-, Hugo -3- e Nico -2-) - CD Calasanz C 0
Victoria CF C 1 - Benxamín A 13 (Hugo -3-, Yael -3-, Íker -2-, Leo -2-, Mario, Mateo e Antón)
Atlético Castros B 0 - Benxamín A 18 (Íker -6-, Yael -5-, Mario -4-, Leo -2- e Nico)
Benxamín A 3 (Yael -2- e Hugo) - Ural Español CF A 2
CD Calasanz C 1 - Benxamín A 14 (Íker -3-, Mario -3-, Hugo -2-, Nico, Leo, Yael, Thiago e Mateo -2-)
Benxamín A 12 (Íker -3-, Nico -2-, Yael -2-, Mateo, Leo -2- e Thiago -2-) - Victoria CF C 0
Benxamín A 10 (Mateo -2-, Íker -2-, Thiago -2-, Yael -2-, Antón e Nico) - Atlético Castros B 0
Ural Español CF 1 - Benxamín A 4 (Íker -2-, Hugo e Yael)