RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A dobrega a un rival directo polo título, o Victoria CF A

O Benxamín A superou (4-1) a un rival directo na loita polo título do subgrupo A de Primeira A Coruña, o Victoria CF A.

Álvaro Gómez -2- e Hugo Macedo -2- foron os autores dos goles deportivistas neste encontro correspondente á 5ª xornada.

Este marcador serviu para que o Benxamín A some 15 puntos e consolide a súa posición á fronte da clasificación, posto que o Atlético Coruña Montañeros CF e o Victoria CF A quedan con 9 puntos, iso si, cun partido menos xogado ambos os equipos.

Benxamín A: Roi Castro, Martín López, Hugo Luaces, Nacho Villanueva, Brais Martínez, Álvaro Gómez, Hugo Macedo e Iván Gil. Tamén xogaron: Roque Martínez, Hugo Pousa e David Gómez.

O Orillamar SD será o seguinte rival do Benxamín A, a próxima semana.

Os resultados até a data do Benxamín A son os seguintes:

Benxamín A 9 (Iván Gil -3-, Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva -2- e Hugo Macedo -2-) - Imperátor OAR 0
CD Calasanz 0 - Benxamín A 2 (Álvaro Gómez -2-)
Benxamín A (Jorge Fernández -3-, Martín -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - CF Deportivo Orzán 0
Fabril FC Benxamín 1 - Benxamín A 13 (Hugo Luaces -4-, Álvaro Gómez -3-, Martín López -2-, Nacho Villanueva, David Gómez, Iván Gil e Hugo Macedo)
Benxamín A 4 (Álvaro Gómez -2- e Hugo Macedo -2-) - Victoria CF A 1