O Benxamín A supera ao Oza Juvenil e medirase ao Imperator nas semifinais do Mini Teresa Herrera
O Benxamín A derrotou esta tarde con autoridade (0-8) ao Oza Juvenil nos cuartos de final do Trofeo Mini Teresa Herrera. Janusz -3-, Íker -2-, Anxo -2- e Leandro foron os autores dos goles nun partido de claro dominio branquiazul.
Este mércores 13 de xuño, ás 18:00 na Torre, o conxunto deportivista enfrontarase ao Imperátor nas semifinais.
Benxamín A: Rodri, Pablo, Yago, Íker, Nico, Raúl, Janusz e Anxo. Tamén xogaron: Joel, Diego, Mosquera, Xabi, Leandro e Guille.
Os resultados do Benxamín A nesta competición son os seguintes:
Eliminatoria previa Compañía de María 0 - Benxamín A 10 (Anxo -3-, Leandro, Xabi, Pablo, Diego, Nico, Guille e Janusz)
Oitavos de final Victoria A 0 - Benxamín A 3 (Íker -2- e Pablo)
Cuartos de final Oza Juvenil 0 - Benxamín A 8 (Janusz -3-, Íker -2-, Anxo -2- e Leandro)