O Benxamín B acariña o título ligueiro da Segunda Comarcal A Coruña
O Benxamín B impúxose (5-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF C, en partido correspondente á 8ª xornada, penúltima, na Segunda Comarcal A Coruña. Iago Varela -2-, José Quiroga, Iago Lameiro e Raúl foron os goleadores branquiazuis.
Con este resultado, o equipo deportivista acariña o título ligueiro. Suma 22 puntos por 21 puntos do seu inmediato perseguidor, o ED Luis Calvo Sanz C.
Na última xornada, a próxima fin de semana, o Benxamín B enfróntase ao CF Deportivo Orzán C; mentres que o ED Luis Calvo Sanz C ten ao Ural CF C como rival.
Benxamín B: Lucas, Iago Varela, Pablo, Rodrigo, Lucas Vázquez, Rodrigo, Javi e Nico. Tamén xogaron: Iago Lameiro, José Quiroga, Hugo e Raúl.
Os resultados do conxunto que dirixe Álvaro Rodríguez son os seguintes:
Benxamín B 9 (Lucas Vázquez -3-, Pablo -2-, Javi, Rodri, Iago e Lema) - CD Calasanz C 0 Oza Juvenil SD B 1 - Benxamín B 8 (Rodrigo -2-, Yago -2-, Hugo, José, Javi e Raúl) Benxamín B 2 (Iago Lameiro e Javi) - Ural CF C 2 ED Luis Calvo Sanz C 1 - Benxamín B 3 (Hugo, Javi e Pablo Vara) Benxamín B 8 (Yago lameiro -2-, Pablo -2-, José -2-, Rodrigo e Raúl) - Club Xesuitinas B 1 Imperátor OAR C 0 - Benxamín B 12 (Raúl -5-, Lucas Vázquez, Hugo, Nico, José e Rodrigo -3-) Victoria CF C 0 - Benxamín B 7 (Iago Lameiro -3-, Raúl -2-, Hugo e Pablo Vara) Benxamín B 5 (Iago Varela -2-, José Quiroga, Iago Lameiro e Raúl) - Atlético Coruña Montañeros CF C 0