RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B tira de caste e rabuña un empate ante o Ural C

Cando todo parecía perdido con 0-2 no marcador, o Benxamín B tirou de caste e rabuñou un empate (2-2) ante o Ural CF C, grazas aos goles de Iago Lameiro e Javi.

Co resultado deste encontro da 3ª xornada, o conxunto deportivista suma 7 puntos e é segundo na clasificación da Segunda Comarcal A Coruña; só superado polo ED Luis Calvo Sanz C, que ten 9.

Precisamente ambos os equipos ven as caras a próxima fin de semana.

Benxamín B: Lucas, Nico, Javier, Iago Varela, Rodrigo, Pablo, José e Iago Lameiro. Tamén xogaron: Lucas Vázquez, Raúl e Hugo.

Os resultados do Benxamín B que dirixe Álvaro Rodríguez son os seguintes:

Benxamín B 9 (Lucas Vázquez -3-, Pablo -2-, Javi, Rodri, Iago e Lema) - CD Calasanz C 0
Oza Juvenil SD B 1 - Benxamín B 8 (Rodrigo -2-, Yago -2-, Hugo, José, Javi e Raúl)
Benxamín B 2 (Iago Lameiro e Javi) - Ural CF C 2