RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A arranca con bo pé a División de Honra á conta do Atlético Coruña Montañeros CF

O Cadete A arrancou con bo pé a competición na División de Honra, subgrupo D, ao imporse con claridade na Coruña (0-6) ao Atlético Coruña Montañeros CF.

Ogando, Carreira, Domínguez, Kevin -2- e Álex Delgado foron os autores dos goles branquiazuis.

Cadete A: Nuno, Santi, Ogando, Martiño, Gabri, Carreira, Domínguez, Marco Baña, Kevin, Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Sierra, Pedro Moraña, Miguel e Monteagudo.

A próxima fin de semana toca xornada de descanso para o conxunto que prepara Nacho Lourido.