O Cadete B empata en Lalín un partido que mereceu máis premio
O Cadete B empatou (1-1) ante o EF Lalín nun encontro, pertencente á 22ª xornada no grupo 1º da liga Galega, no que os lalinenses se puxeron por diante no marcador.
O deportivista Hugo, un dos seus máximos artilleiros, logrou o gol da igualada para un Cadete B que dispuxo logo de ocasións para traerse os 3 puntos do Anexo ao Manuel Anxo Cortizo de Lalín.
Con este resultado, o Cadete B suma 38 puntos na quinta posición da táboa. Iso si, o conxunto branquiazul ten un partido menos, o que foi suspendido ante o Ural B.
Cadete B: Ríos, Íker, Fika, Fito, Buján, Xavi, Melide, Padín, Mouriño, Hugo e Nils. Tamén xogaron: Edu, Iago, Jorge e Álvaro.
A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Racing Villalbés.
Os resultados do Cadete B até a data son os seguintes:
Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1 Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge) Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1 Lugo B 1 - Cadete B 0 Cadete B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF Lalín 2 Racing Villalbés 0 - Cadete B 4 (Hugo, Mouriño e Iago -2-) Cadete B 4 (Nils -2-, Iván e Hugo) - Santiago de Compostela B 0 Dumbría 2 - Cadete B 2 (Álex e Buján) San Tirso 3 - Cadete B 1 (Iván) Cadete B 4 (Iván -2-, Nils e Mouriño) - Viveiro A 2 Bergantiños B 1 - Cadete B 1 (Bocija) Cadete B 1 (Álex Espeso) - Atlético Coruña Montañeros 3 Escola Estrada Fútbol Base 3 - Cadete B 5 (Nils, Álex, Hugo e Mouriño -2-) Cadete B 1 (Hugo) - Victoria B 2 Conxo 0 - Cadete B 3 (Xavi e Hugo -2-) Cadete B 3 (Bocija, Hugo e Buján) - Bertamiráns B 1 Ural B - Cadete B (suspendido) Xuventude de Oroso 4 - Cadete B 0 Cadete B 3 (Hugo -2- e Rares) - Galicia Caranza 0 Racing de Ferrol B 0 - Cadete B 3 (Fito, Mouriño e Xavi) Cadete B 3 (Hugo -2- e Rares) - Lugo B 3 EF Lalín 1 - Cadete B 1 (Hugo)