O COVID impide que se poida disputar o partido entre o Dépor ABANCA B e o CF Versalles
O partido entre o Deportivo ABANCA B e o CF Versalles, correspondente á xornada 16ª en Primeira Nacional, foi aprazado por casos de COVID no vestiario branquiazul.
Agora será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data para disputarse o partido, o máis próxima posible no tempo, pero sempre no momento no que o permitan as condicións sanitarias.
As deportivistas marchan en quinta posición do grupo con 26 puntos.
A próxima fin de semana, o equipo que prepara Kevin Cabado visita ao Olímpico de León.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela) Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0 Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico) Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1 Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0 UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati) Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1 PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero) Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1 Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo) Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0 Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo) Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0 Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías FF 2 Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela) Deportivo ABANCA B - CF Versalles, aprazado