O Dépor ABANCA arranca mañá martes a última semana de pretemporada
O Deportivo ABANCA arranca mañá martes 24 de agosto ás 17:00 horas na Cidade Deportiva a última semana de pretemporada antes de comezar a competición en Segunda División, o 4 ou 5 de setembro en Abegondo fronte ao FC Barcelona B.
Miguel Llorente, técnico deportivista, disporá de catro sesións de traballo en Abegondo para preparar o último amigable, o sábado 28 de agosto no Estadio 1º de Maio en Braga (Portugal) ante un dos equipos potentes da Liga BPI, o Sporting Braga Femenino, ás 12:30 (hora española, 11:30 no país luso).
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Martes 24 de agosto 17:00 h.
Mércores 25 de agosto 10:30 h.
Xoves 26 de agosto 10:30 h.
Venres 27 de agosto 10:30 h.
Sábado 28 de agosto 12:30 (11:30 en Portugal): Sporting Braga Femenino - Deportivo ABANCA, no Estadio 1º de Maio (Braga)