O Dépor ABANCA B golea ao Gijón FF con 'hat trick' de Michi Apóstol
O Dépor ABANCA B goleou (5-1) ao Gijón FF en partido correspondente á 20ª xornada en Tercera Federación FutFem.
A protagonista do encontro foi a internacional venezolana Michi Apóstol (na foto na fila de abaixo a primeira futbolista comezando pola dereita), autora de 3 dos 5 tantos do seu equipo.
Noela e Paula Monteagudo completaron un marcador que reflicte a superioridade deportivista.
Con este resultado, o conxunto de Óscar Orro suma 44 puntos por 54 do Real Avilés CF, que non pasou do empate en casa ante o PM Friol.
Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Noelia Mayo, María Calvo, Paula Novo, Michi Apóstol, Carmen Carballada, Laura Testa, Lucía Mariño, Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela. Tamén xogaron: Sara Cercido, Celia Sousa, Laura Santos, Elena López 'Cusi' e Antía Brage.
A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita ao Real Oviedo B.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:
Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1 Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López) Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0 Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0 Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero) Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0 Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo) Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2 Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi') Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1 Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-) Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2 Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1 UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero) Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0 Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1 CD Lugo 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol) Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Laura Santos) - Lóstrego CF 1 Deportivo ABANCA B 5 (Michi Apóstol -3-, Noela e Paula Monteagudo) - Gijón FF 1