RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA despide a Primera Iberdrola co partido de mañá domingo en Abegondo ante o Athletic Club

O Dépor ABANCA di até pronto á Primera Iberdrola coa visita do Athletic Club a Abegondo prevista para mañá domingo 27 de xuño ás 12:00, en partido correspondente á 34ª e última xornada.

A pesar de que non hai en xogo máis que a honra dos tres puntos, Manu Sánchez, técnico deportivista, quere dar unha última alegría a #ANOSAFORZA, que, como sempre, acompañará ao equipo na súa despedida provisional da máxima categoría do fútbol español.

O técnico deportivista conta coa baixa das lesionadas Carolina Arbeláez; Carlota, con molestias nun xeonllo; e Alba Merino, cunha lesión muscular nos isquiotibiais. Pola súa banda, entran na convocatoria as canteirás Patri López, Eva Dios, María Figueroa, Tati Barcia e Marta Rico.

O Club lembra aos afeccionados que deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos localizados en caso de rastrexo por COVID-19.

Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá pasar un control de temperatura, hixienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.

Finalizado o encontro e após unha última comparecencia pública de Manu Sánchez post-partido na sala de prensa de Abegondo (presencial), o Dépor ABANCA comezará as súas vacacións.