O Dépor ABANCA desprázase este sábado a Barcelona para visitar o domingo 18 ás 12:30 ao RCD Espanyol
O Deportivo ABANCA viaxa este sábado 17 de outubro a Barcelona para visitar ao RCD Espanyol o domingo 18 de outubro ás 12:30 na Ciudad Deportiva Dani Jarque, con motivo da 3ª xornada na Primera Iberdrola.
O equipo branquiazul que dirixe Manu Sánchez adestrarase o sábado antes de partir en Abegondo, á primeira hora da mañá.
O regreso á Coruña será o domingo pola tarde, despois do encontro ante o conxunto espanyolista.
O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:
Sábado 17 de outubro 9:00: Adestramento en Abegondo 14:30: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Barcelona 16:15: Chegada aproximada a Barcelona e aloxamento no hotel Exe Parc del Vallés
Domingo 18 de outubro 12:30: RCD Espanyol - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Dani Jarque 18:55: Saída do voo de Barcelona con destino Santiago 20:45: Chegada aproximada e traslado á Coruña