RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA desprázase este venres por estrada a Eibar para visitar ao conxunto vasco

O Deportivo ABANCA desprázase este venres 4 de decembro a Eibar por estrada para visitar o sábado 5 de decembro ao conxunto armeiro nas instalacións de Unbe (12:00 horas), en partido correspondente á 10ª xornada na Primera Iberdrola.

O autocar branquiazul partirá da Cidade Deportiva ao concluír a última sesión de adestramento previa ao partido.

O regreso á Coruña será nada máis finalizar o encontro, tamén por estrada.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Venres 3 de decembro
10:00: Adestramento en Abegondo
Ao finalizar, saída en autocar a Eibar
19:00 (horario aproximado): Chegada ao Hotel Unzaga de Eibar

Sábado 4 de decembro
12:00: SD Eibar - Deportivo ABANCA, en Unbe
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña