RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA pecha mañá sábado en Abegondo unha semana sen fútbol ligueiro

O Deportivo ABANCA pecha mañá sábado cun adestramento en Abegondo unha semana sen fútbol de competición.

Manu Sánchez puido contar desde o pasado mércores coas catorce xogadoras que estiveron confinadas por ser contactos estreitos cunha persoa positiva en COVID-19. Soamente unha, por esta causa, seguirá en illamento tal e como establecen as autoridades sanitarias.

Debido a esta circunstancia, o Xuíz de Competición da Real Federación Española de Fútbol atendeu a solicitude do Real Club Deportivo para a suspensión do partido correspondente á 7ª xornada de Primera Iberdrola ante o Rayo Vallecano (que xa se aprazou por primeira vez o pasado 5 de novembro por un caso positivo no conxunto local) e que debía disputarse o pasado mércores na Ciudad Deportiva Fundación Rayo Vallecano.

O domingo haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o luns 18 de xaneiro ás 17:30 en Abegondo.

A próxima cita ligueira será o domingo 24 de xaneiro ás 10:15 coa visita do Deportivo ABANCA á Valencia CF Femenino. O encontro, correspondente á 16ª xornada, xogarase na Ciudad Deportiva de Paterna.