RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA regresa por estrada e adéstrase de novo o martes pola tarde en Abegondo

Finalizado o partido ante o Sporting Huelva no campo de fútbol da Orde, o Deportivo ABANCA emprende viaxe de regreso por estrada á Coruña.

Manu Sánchez citou de novo aos seus futbolistas este martes 25 de maio ás 17:30 horas en Abegondo para unha nova sesión de adestramento nunha semana sen fútbol de competición. Así pois, mañá, luns 24 de maio, haberá xornada de descanso.

A próxima cita para o Deportivo ABANCA na Primera Iberdrola será o sábado 5 de xuño (13:30 h., LaLiga Sports TV) en Abegondo ante o UD Granadilla Tenerife Egatesa.