RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA repite convocatoria para visitar este domingo á Real Sociedad

O Deportivo ABANCA repite convocatoria respecto ao pasado mércores ante o Sporting Huelva para o encontro deste domingo 7 ás 11:00 (Gol) fronte á Real Sociedad nas instalacións realistas de Zubieta, en partido correspondente á 21ª xornada na Primera Iberdrola.

Continúan fóra por lesión Carolina Arbeláez, en tratamento das súas molestias nas costas; Noelia Villegas, con molestias nun aductor; e Lady Andrade, en fase de recuperación dun golpe nun xeonllo.

Ao ser unha citación de 18 no canto de 20, normal cando o partido do Dépor ABANCA é lonxe de Abegondo, as canteirás Tati e Sara Álvarez, presentes fronte ás onubenses, tamén quedan en casa.

Co equipo a tres puntos da salvación a pesar de pechar a táboa na Primera Iberdrola, o Deportivo ABANCA busca ese partido perfecto que catapulte ao equipo. As realistas, instaladas na zona cómoda (sétimas con 34 puntos), afrontan o encontro con máis tranquilidade. Na ida disputada na Cidade Deportiva, a vitoria foise con xustiza para San Sebastián: 0-2

Ana Tejada, futbolista do equipo vasco, manifestou en Real Sociedad TV sobre o Dépor ABANCA que "non está a facer a mesma temporada que o anterior pero é un rival igualmente difícil. Na primeira volta fixemos un gran partido. É verdade que era o noso primeiro partido e fomos con moitas ganas. Esta xornada tentaremos ir coas mesmas ganas".

Antes de viaxar a San Sebastián, Manu Sánchez dirixirá mañá sábado unha última sesión de adestramento na Cidade Deportiva, a partir das 9:30.

O plan de viaxe do conxunto deportivista é o seguinte:

Sábado 6 de marzo
9:30: Adestramento en Abegondo
12:30: Saída en autocar a San Sebastián
20:00 (hora aproximada): Chegada ao hotel K10 en Urnieta

Domingo 7 de marzo
11:00: Real Sociedad - Deportivo ABANCA, en Zubieta
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña