RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA supera ao Orzán e xogará co Victoria as semifinais de Copa Deputación

Hoxe xoves 8 de agosto, o Dépor ABANCA impúxose (0-9) ao Orzán SD en cuartos de final da Copa Deputación. Agora, o Victoria FC será o rival en semifinais, en partido fixado inicialmente para o domingo 11 de agosto en Santiago, en hora e campo por determinar.

Ante o conxunto orzanista, Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta foron as goleadoras branquiazuis.

Deportivo ABANCA: Miralles, Patri López, Sara Álvarez, Noelia Villegas, Erika, Teresa Abelleira, Alba Suárez, Michelle Romero, Yamamoto, Peke e María Calvo. Saltaron ao céspede na segunda metade: Esther Sullastres, María Méndez, Gaby, Nuria Torres e Navia.

Agora, o conxunto de Manu Sánchez céntrase no Trofeo Teresa Herrera deste sábado 10 de agosto (18:30 horas) en ABANCA-RIAZOR ante o UD Granadilla, un dos poderosos da Primeira Iberdrola. 

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de finalda Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)

Domingo 4 de agosto: Campo da Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2

Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)

Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)  

Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, 18:30 h, Deportivo ABANCA - UD Granadilla

Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Victoria FC - Deportivo ABANCA

Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón): Deportivo ABANCA, Sporting de Gijón e Real Oviedo Feminino

Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)