RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA supera ao Victoria FC e xa está en semifinais da Copa Galicia

O Deportivo ABANCA venceu esta tarde en Abegondo ao Victoria FC (3-0), en partido correspondente á 6ª xornada no grupo 1º da Copa Galicia de Segunda División Nacional. Alba Merino e Gaby -2- foron as goleadoras branquiazuis.

Con este resultado, o equipo deportivista clasifícase matematicamente para as semifinais da competición como primeira de grupo, a falta dun partido para concluír esta fase inicial da Copa Galicia.

Manu Sánchez, técnico do Deportivo ABANCA, aproveita ademais estes encontros copeiros para dar entrada a futbolistas do filial. Hoxe a quenda foi para Lucía, Alba Suárez e Patri López no once inicial; e Sara Piñeiro, Lara e Patri Díaz entrando desde o banco.

Deportivo ABANCA: Malena, Cris, Patri López, Iris, Silvia Mérida, Alba Suárez, Alba Merino, Kika, Yamamoto, Lucía e Gaby. Tamén xogaron: Curbelo, Michelle Romero, Patri Díaz, Sara Piñeiro e Lara.

O Dépor ABANCA concluirá a Fase de Grupos coa visita ao Atlántida de Matamá, correspondente á 5ª xornada do grupo 1º, con data aínda por determinar.

Os resultados do Deportivo ABANCA nesta Copa Galicia son os seguintes:

Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA 3 (Alba Merino, Kika e Lía)
Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - Atlántida de Matamá 0
Victoria FC 2 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Carlota e María Calvo)
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Peke -2-, Lía, Carlota e Ainhoa)
Atlántida de Matamá - Deportivo ABANCA, (aprazado)
Deportivo ABANCA 3 (Alba Merino e Gaby -2-) - Victoria FC 0