RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA viaxa este sábado despois de adestrar a Santander para visitar o domingo ao Racing Féminas

O Deportivo ABANCA desprázase este sábado 4 de decembro por estrada a Santander para visitar ao CDE Racing Féminas o domingo 5 de decembro ás 12:30 no Municipal de Santa Ana en Torrelavega, en partido correspondente á 11ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

O regreso do conxunto deportivista será, tamén por estrada, nada máis concluír o encontro ante as racinguistas.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:

Sábado 4 de decembro
11:00: Adestramento en Abegondo
13:30: Comida no Restaurante Las Tablas (Carral)
19:00 (horario aproximado): Chegada ao Hotel Chiqui Santander

Domingo 5 de decembro
12:30: CDE Racing Féminas - Deportivo ABANCA, no Municipal de Santa Ana (Torrelavega)
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña

A internacional Ainhoa Marín adestrouse xa en Abegondo esta mañá

Ainhoa Marín incorporouse esta mañá aos adestramentos co Deportivo ABANCA despois de estar concentrada coa Selección Española Absoluta Promesas (sub-23) para un amigable xogado o pasado luns 29 de novembro ante Noruega na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A atacante deportivista, que comezou o partido no banco e saltou ao céspede no minuto 75 en substitución de Eva Navarro, regresou onte martes á Coruña e hoxe realizou un adestramento de recuperación no ximnasio e cos fisioterapeutas.