O Dépor ABANCA viaxa este venres a Barcelona para visitar ao Barça o sábado ás 12:00
O Deportivo ABANCA emprende viaxe este venres 16 de abril pola mañá a Barcelona para visitar o sábado 17 ás 12:00 (Teledeporte) ao Barça no Estadio Johan Cruyff.
Serán baixa para o encontro Alba Merino e Ainoa Campo. Ambas as futbolistas están sancionadas por acumulación de amoestacións tralo partido ante o Real Madrid en Abegondo o 27 de marzo e non puideron cumprilo co Atlético de Madrid do 3 de abril, posto que o choque foi aprazado por casos de COVID-19 no equipo branquivermello.
En Barcelona, Manu Sánchez dirixirá o venres pola tarde unha suave sesión de activación no hotel de concentración do Dépor ABANCA.
O regreso á Coruña será o domingo 18 de abril nun voo que aterrará no Aeroporto da Coruña ás 9:00 horas.
O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:
Venres 16 de abril 12:55: Saída do voo de Vigo con destino Barcelona 14:40 (hora estimada): Chegada a Barcelona e aloxamento no hotel NH Porta de Barcelona 18:00 (pendente de confirmación): Sesión de activación no hotel
Sábado 17 de abril 12:00: FC Barcelona - Deportivo ABANCA, no Estadio Johan Cruyff
Domingo 18 de abril 7:10: Saída do voo de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña 9:00 (hora estimada): Chegada ao Aeroporto da Coruña