Tralo encontro desta tarde no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Albacete Balompié, o Deportivo adéstrase de novo mañá luns 21 de xaneiro ás 11:00 horas en Abegondo.
Será unha sesión de recuperación para os que foron titulares ante o Albacete Balompié e máis intensa para o resto.
O martes 22 haberá xornada de descanso para o primeiro cadro.