RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor adestrouse esta mañá en Abegondo en dous grupos

Após tombar ao Albacete Balompié onte en ABANCA-RIAZOR, o Deportivo adestrouse hoxe luns en Abegondo co cadro dividido en dous grupos.

Os titulares ante o conxunto manchego tiveron recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas. Algúns futbolistas, caso de Borja Valle, Fede Cartabia, Pablo Marí e Domingos Duarte non chegaron nin a saltar ao céspede.

Para os demais membros do cadro, ademais do meta fabrilista Pedro López, a sesión foi de alta intensidade, cun circuíto con finalizacións e fútbol en espazo reducido.

O dianteiro sevillano Carlos Fernández, que onte xogou os últimos 11 minutos de partido, retirouse antes que os seus compañeiros aos vestiarios para completar o seu adestramento cun traballo preventivo no ximnasio.

Exercitáronse á marxe do grupo os lesionados Krohn-Dehli e Pedro Sánchez.

Mañá martes haberá xornada de descanso para o cadro. O mércores ás 11:00 horas, o Dépor comezará a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Sporting de Gijón, prevista para o domingo 27 de xaneiro (18:00 horas, Movistar Partidazo), correspondente á 23ª xornada en LaLiga 1|2|3.