RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arranca a semana con Álex Bergantiños no grupo

O Deportivo comezou hoxe martes, nunha fría mañá sen choiva en Abegondo, a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Rayo Majadahonda prevista para o domingo 2 de decembro (12:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) no Cerro del Espino; en partido correspondente á 16ª xornada en LaLiga 1|2|3.

A boa noticia foi a presenza co grupo de Álex Bergantiños, recuperado dunha dorsalgia que lle impediu estar a disposición de Natxo González para o partido ante o Osasuna do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR.

Así mesmo, Dubarbier encara a recta final na súa recuperación e realizou xa unha parte do adestramento co resto dos seus compañeiros.

Adestráronse á marxe do grupo Pedro Sánchez; ademais do sancionado David Simón, para o que os Servizos Médicos programaron unha semana de recargar baterías.

Domingos Duarte, o outro xogador sancionado por acumulación de cartóns para o domingo, saltou ao céspede en primeiro lugar co readaptador Fran Molano; pero despois incorporouse ao traballo grupal.

A mañá arrancou cun traballo preventivo; continuou cunha tarefa de posesión de balón; e concluíu cun partido a metade do campo 2, en espazo reducido e de alta intensidade.

Mañá mércores, o equipo está citado de novo ás 11:00 horas en Abegondo.