RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arrinca a semana con especial fincapé no traballo táctico

O Deportivo, tamén cos fabrilistas Pedro López, Valín e Montiel, comezou hoxe martes a preparar a visita do Extremadura UD a ABANCA-RIAZOR, prevista para este domingo 21 de abril (16:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).

José Luis Martí, após un intenso e dinámico quecemento con balón, incidiu no traballo táctico e posicional no campo 2. Foi a tarefa principal do día.

Un partido a metade de campo puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede; no que xa non participou Fede Cartabia, tal e como estaba planificado polos técnicos e Servizos Médicos.

Adestráronse á marxe do grupo Carlos Fernández, Krohn-Dehli, David Simón e Pedro Sánchez, este con algunha molestia nos isquiotibiais.

Mañá mércores, o equipo está citado de novo ás 11:00 horas en Abegondo.