O Dépor aterra mañá luns na Coruña e adéstrase en Abegondo a continuación
O Deportivo aterra mañá luns 27 de xaneiro pola mañá no Aeroporto da Coruña e, nada máis chegar, sobre as 12:00 horas, Fernando Vázquez dirixirá unha nova sesión de adestramento na Cidade Deportiva.
Concluído o choque no Estadio Carlos Belmonte de Albacete, a expedición branquiazul regresa por estrada a Madrid para voar mañá luns á Coruña.
O plan de regreso é o seguinte:
Domingo 26 de xaneiro 19:00: Desprazamento en autocar a Madrid 22:00 (horario aproximado): Chegada e aloxamento no Hotel Tryp Airport Suites
Luns 27 de xaneiro 10:15: Saída do voo do Aeroporto de Madrid - Adolfo Suárez con destino ao Aeroporto da Coruña 11:30 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña 12:00 (horario aproximado): Adestramento en Abegondo