RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor baixa a intensidade pero reforza o traballo táctico e de estratexia

O Deportivo rebaixou esta mañá a carga física do adestramento, a dous días de recibir en ABANCA-RIAZOR á SD Compostela, este domingo 24 de xaneiro ás 17:00 horas (TVG).

A pesar diso, Rubén de la Barrera mantivo as tarefas tácticas no campo 3 e o ensaio de accións a balón parado.

A este aspecto referiuse o técnico branquiazul precisamente na súa rolda de prensa previa ao encontro ante o conxunto santiagués: "Contamos con xente moi importante no xogo aéreo e iso débese traducir en números. O balón parado determina partidos, determina obxectivos, permíteche alcanzalos. É algo que temos que atender, adestrar, traballar... Ten que ter todo o mundo claro aquilo que debe de facer porque con xente importante, con presenza en área e para impoñerse nese tipo de situacións contamos".

Keko e Uche, este pendente de avaliación médica dunhas molestias nun aductor, adestráronse á marxe do grupo.

Os canteiráns Adri Castro, Juan Rodríguez e Boedo estiveron hoxe ás ordes de Rubén de la Barrera.

Mañá sábado 22 de xaneiro, o cadro está citado ás 11:00 para realizar a última sesión previa ao encontro ante a SD Compostela. Ao concluír, o adestrador deportivista fará pública a lista de convocados para o encontro, correspondente á 11ª xornada no subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B.