RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor baixa o ritmo e céntrase no traballo táctico

José Luis Martí rebaixou esta mañá en Abegondo a intensidade física do adestramento do Deportivo, a 2 días de visitar El Sadar, campo do CA Osasuna (sábado 13 de abril, 18:00 horas, Movistar Partidazo).

Uns xogos no campo 3 serviron de quecemento ao cadro. A continuación houbo un exercicio táctico e de estratexia no campo 2, tamén con accións a balón parado.

Unha tarefa de finalizacións para os atacantes, incluídos lanzamentos desde o punto de penalti, puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Mañá venres, o equipo adestrarase en ABANCA-RIAZOR a porta pechada ás 10:00 horas.

Ao concluír, José Luis Martí dará a lista de convocados que acto seguido se desprazarán por estrada a Pamplona.