RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor baixa o ritmo e céntrase no traballo táctico e accións de estratexia

O Deportivo rebaixou esta mañá en Abegondo o ritmo de traballo, circunstancia habitual dous días antes de cada partido.

Así, Borja Jiménez centrouse, despois dun quecemento con fútbol reducido, nun exercicio táctico de ataque e, para concluír, un ensaio de accións a balón parado.

Jorge Valín e Juan Carlos Menudo completaron con normalidade toda a sesión, aínda que os dous futbolistas non teñen a día de hoxe o visto e prace dos Servizos Médicos para competir.

Jaime e Trilli adestráronse á marxe, cos fisioterapeutas; mentres que Noel, Yeremay e Alberto foron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres o Dépor cambia a súa rutina e adestrarase en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, a partir das 19:00 horas. Ao concluír, Borja Jiménez dará a lista de convocados para recibir o sábado 18 de setembro ao CD Badajoz, ás 19:00 horas (Footters). O choque corresponde á 4ª xornada en 1ª RFEF.