RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor busca a receita no traballo diario

O Deportivo xa está de novo ao choio, apenas 12  horas despois de finalizar o choque en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería. 

Natxo González lembrou onte en sala de prensa que "non é fácil" saír de situacións como a que atravesa o equipo, e "a solución é seguir traballando". Pois a iso puxéronse os futbolistas esta mesma mañá en Abegondo.

Loxicamente os titulares onte á noite realizaron só a primeira parte do adestramento no céspede: un quecemento e fútbol-tenis. Acto seguido continuaron no vestiario con tarefas de recuperación: ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas. Fede Cartabia, cunha contusión sufrida durante o encontro, non saltou ao campo.

Para o resto do cadro o adestramento foi de alta intensidade, cun exercicio de posesión e partidos en espazo reducido.

Adestráronse á marxe do grupo Krohn-Dehli, Edu Expósito, Pedro Mosquera e Quique González, este tres últimos futbolistas con traballo preventivo.

Mañá domingo haberá xornada de descanso. O equipo regresa aos adestramentos o luns 25 ás 11:00 en Abegondo.