RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor cítase co Numancia cos seus 20 futbolistas dispoñibles

Rubén de la Barrera citou aos seus 20 futbolistas dispoñibles para recibir mañá domingo 18 de abril en ABANCA-RIAZOR ao CD Numancia (19:00 horas, TVG), en partido correspondente á 3ª xornada no grupo 1D de Segunda División B.

Quedan fóra por lesión Borja Galán e Derik Osede. Ambos exercítanse diariamente cos fisioterapeutas no ximnasio da Cidade Deportiva.

O técnico coruñés asegurou onte en rolda de prensa percibir "desde hai unhas semanas que o equipo está ben. Perdeuse un partido que non se debería perder e iso obrígache a afrontar o do domingo ante o CD Numancia desde outro lugar, desde outra posición. Vexo ao equipo preparado,con todo o que hai en xogo e con esa responsabilidade que leva este choque. Agora mesmo as sensacións que podiamos ter cando nos tocaba recibir ao Pontevedra CF eran totalmente diferentes".

Co equipo soriano a un punto na clasificación (32 os deportivistas por 31 os casteláns), e co Racing de Ferrol terceiro con 30 puntos, o encontro partido adquire se cabe máis transcendencia, tal e como recoñeceu Rubén de la Barrera onte ante os medios de comunicación.

Na sesión desta mañá, o equipo repasou os últimos detalles tácticos, como a defensa; e concluíu a semana cun partido e un exercicio de centros á área e finalizacións para un grupo de xogadores.

Ao concluír o choque ante o CD Numancia, o Deportivo adestrarase de novo o luns 19 de abril ás 10:30 en Abegondo.