RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor colle confianza cun partido completo en Tenerife (0-3)

O Deportivo adxudicouse con todo merecemento na localidade de La Orotava a XLVII edición do Trofeo Teide, ao que regresaba 46 anos despois de disputar a primeira edición en 1971, ao imporse (0-3) ao CD Tenerife, con tantos de Andone, Fede Cartabia e Borges, este último de penalti.

O test foi interesante dado o escenario, o coqueto estadio de Los Cuartos; e a entidade do rival, un conxunto tinerfeño que a temporada pasada quedou a un paso da Primeira División, e que este ano seguro que o volve a tentar.

Os branquiazuis crearon perigo polas dúas bandas ante un rival descarado, que optou por esperar atrás e saír á contra.

Case á media hora, Andone puxo por diante ao Dépor ao cabecear un bo centro desde a banda dereita.

Bakkali puido anotar o segundo nun gran pase de Schär, pero o belga fallou o man a man ante o porteiro Dani Hernández.

Pouco despois, Fede Cartabia aumentou a diferenza ao rematar a pracer outra boa acción por banda dereita.

Este segundo gol deixou noqueado ao Tenerife, que xa non volveu achegarse aos dominios de Rubén.

No descanso, Pepe Mel deixou na caseta ao porteiro (Rubén) e ao dianteiro (Andone). Cartabia e Bakkali actuaron na punta de ataque. O mando do partido seguiu sendo do Dépor.

Bakkali, un pesadelo para a zaga tinerfeña, puido facer o terceiro no minuto 54 nunha veloz xogada, pero o seu disparo raso marchouse fóra por pouco.

El mesmo cociñou pouco despois un penalti noutra veloz contra, que Borges transformou no terceiro tanto que sentenciou o Trofeo Teide.

Tras este gol, o Dépor fixo un cambio múltiple de ata sete futbolistas e o Tenerife tentou apertar para recortar diferenzas, pero a sorte do partido estaba botada.

Tenerife: Dani Hernández, Iñaki, Luis Pérez, Aveldaño, Jorge Sáenz, Aitor Sanz, Vitolo, Suso Santana, Tyrone, Juan Carlos e Brian Martín. Tamén xogaron: Carlos Abad, Camille, Raúl Cámara, Carlos Ruiz, Alberto, Brian Costa, Nadjib e Faridi.

Deportivo: Rubén (Tytoń, min. 46), Juanfran (Gerard Valentin, min. 62), Schär (Albentosa, min. 62), Arribas (Sidnei, min. 62), Luisinho (Fernando Navarro, min. 62), Guilherme (Edu Expósito, min. 62), Borges, Bruno Gama (Emre Çolak, min. 62), Fede Cartabia, Bakkali (Borja Valle, min. 62) e Andone (Pedro Mosquera, min. 46).

Goles: 0-1, min. 26: Andone; 0-2, min. 33: Cartabia; 0-3, min. 59: Borges, de penalti.

Árbitro: Marta Huerta de Aza (colexio tinerfeño).