RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comeza a preparar o asalto a Los Cármenes cun esixente adestramento

O Deportivo, hoxe tamén co meta fabrilista Álex Cobo, comezou a preparar cun esixente adestramento o asalto ao estadio granadino dos Cármenes, deste domingo 10 de febreiro (18:00 horas, Movistar Partidazo).

Para iso, Natxo González dispuxo para empezar dun exercicio de presión, sen dúbida una das armas do Granada CF, sobre todo no seu terreo de xogo.

A continuación, o técnico deportivista ordenou unha tarefa de posesión de balón e, para concluír, un partido táctico no campo 2.

Adestráronse á marxe do grupo Vicente Gómez, Carlos Fernández e Pedro Sánchez, este con o readaptador Fran Molano.

Mañá mércores, o equipo adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.