RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor concluíu esta mañá cun último adestramento unha semana sen competición oficial

O Deportivo concluíu esta mañá, cun último adestramento entre os campos 2 e 3 de Abegondo, unha semana sen competición oficial no subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B; á espera do choque ante o Zamora CF previsto para o domingo 28 de marzo ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR co que se pechará esta primeira parte da liga.

Sen a presenza de canteiráns no grupo debido aos decisivos partidos para Fabril e Xuvenil A, Rubén de la Barrera tampouco puido contar esta mañá con Derik, Mujaid, Celso Borges, Héctor, Lara e Eneko Bóveda, todos eles con adestramento específico á marxe do grupo. Así pois, unicamente 16 futbolistas estiveron ás ordes do adestrador coruñés.

Após un quecemento, o corpo técnico dispuxo unha tarefa defensiva e de contraataque e repregamento; un exercicio de defensa e ataque en desequilibrio; e, para concluír, un partido.

Mañá domingo haberá xornada de descanso. O Deportivo regresa aos adestramentos o luns 22 de marzo ás 18:30 en Abegondo.