RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor de LaLiga Genuine 2019-2020 ponse en marcha

Esta semana arrinca a actividade do único equipo do Club que aínda non se puxo en marcha, o Dépor de LaLiga Genuine. Onte, xogadores e familias, tiveron a súa benvida a un novo ano de adestramentos na Cidade Deportiva de La Torre. Alí, os xogadores e xogadoras recibiron os novos equipamentos Macron para esta temporada e todos as indicacións necesarias para este novo reto.

Esta tarde en Abegondo xa tiveron a súa posta de curto na Cidade Deportiva, onde os recibiu a vicepresidenta da Fundación Real Club Deportivo, Oliva Figueira, para darlles unha mensaxe de ánimo no comezo das actividades. Ademais, mentres os xogadores tomaban contacto por primeira vez coas instalacións de Abegondo que estrearán esta temporada, pais e responsables do equipo mantiveron unha primeira reunión de cara a preparar aspectos importantes para que o terceiro ano do Dépor Genuine sexa igual de exitoso para todos que os anteriores.

Até o próximo mes de xuño, ademais da competición oficial e os amigables, os xogadores do Dépor Genuine adestrarán luns e venres ás 11:45 na Torre e os martes ás 15:45 na Cidade Deportiva de Abegondo.